A nosa non só é unha paixón por manter a tradición no receitario ancestral, tamén é coidadosa na selección dos ingredientes, respecto á nosa cultura gastronómica e moito cariño por mantela para poder gozar con cada bocado.
Marianna Sazio é italiana de sangue pero galega de adopción. Orixinaria da Puglia, unha rexión situada no talón da bota, a parte máis meridional de Italia, ten a alegría e o gusto pola cociña tradicional da súa xente.